Medramos contigo

DESPRÁZATE CARA ABAIXO PARA COÑECERNOS

Gabinete psicopedagóxico

Intervención e asesoramento en dificultades da aprendizaxe, trastornos de conduta (TDA, TDAH) e trastornos xeralizados do desenvolvemento (TXD).

Técnicas e hábitos de estudo.

Inglés

Clases orientadas a educación Infantil, Primaria, Secundaria e tamén para adultos.

Traducións.

Preparación de exames oficiais.

Apoio escolar/Escola de verán

Apoio e reforzo educativo en Primaria e Secundaria durante o curso.

Escola de verán: preparación de setembro para Secundaria.

Equipo


Academos está dirixido por Marta Diz, pedagoga e psicopedagoga, e Cristina Iglesias Mougán, filóloga inglesa. Ademais contamos co asesoramento dun gabinete multidisciplinar formado por logopeda, psicólogo e mestres especialistas das diferentes áreas de educación.

 

Metodoloxía

COMO TRABALLAMOS EN ACADEMOS

En Academos avaliamos as necesidades de cada alumno e adaptámonos a elas. É dicir, a nosa metodoloxía de traballo está baseada na atención individualizada: se o alumno presenta dificultades específicas na súa aprendizaxe, o noso traballo enfocarase cara a superación das mesmas, xa sexan estas relativas á lectura, á escritura, ao cálculo, á atención, ao razonamento, á expresión oral ou escrita, etc.
As clases de inglés teñen enfoques diferentes. Se optas por clases individuais toda a materia estará especificamente deseñada para ti, sexan cales sexan as túas necesidades (apoio escolar, conversación, perfeccionamento...).

Se estás nun grupo de perfeccionamento as clases teñen como obxectivo alcanzar o uso total do inglés na aula, promovendo sempre a participación dos alumnos e que alcancen un nivel de fluidez suficiente para poder expresarse, cousa que lles será posible xa que contamos con grupos nos que haberá un máximo de 6 compoñentes. Contamos ademais con grupos de apoio escolar, tamén cun máximo de 6 alumnos, que están distribuidos por ciclos escolares. Neste caso o obxectivo son os contidos que estean a dar no colexio ou instituto. Introdúceselle o tema que van a ver, trabállano co material adicional e solucionamos calquera dúbida antes do exame.

Servizos

QUE FACEMOS EN ACADEMOS

✔ Intervención e asesoramento en:

Dificultades da aprendizaxe

  • Na lectura e na escritura (Dislexia, Disgrafía, Disortografía)
  • Problemas na Comprensión lectora
  • Expresión oral e escrita
  • Cálculo e razoamento matemático

Trastornos de conduta:

  • Trastorno por Déficit de Atención sen Hiperactividade(TDA)
  • Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH)

Trastorno Xeralizado do Desenvolvemento (TXD)

✔ Técnicas e hábitos de estudo:

  • Sesións individuais ou obradoiros grupais por niveis
  • Obxectivo: dotar ao alumno/a do seu propio método de estudo, ensinándolle diferentes técnicas (esquema, resumo, suliñado...) e ferramentas para a planificación e organización da súa propia aprendizaxe.

APOIO NA MATERIA DE INGLÉS PARA PRIMARIA E SECUNDARIA.

Formamos grupos por niveis e adaptamos a materia a cada alumno para afrontar os exames coa seguridade necesaria para facelo con éxito.

EXAMES OFICIAIS.

Ademais de traballar os contidos proporcionámosche modelos reais de exames e informámoste das distintas convocatorias. Preparamos Cambridge (PET, FCE, CAE...), Trinity, EOI...

TRADUCIÓNS.

Facemos traducións de textos nos seguintes idiomas:

  • Inglés – Galego
  • Galego – Inglés
  • Inglés – Español
  • Español – Inglés

POSIBILIDADE DE GRUPOS (máximo 6 alumnos) OU CLASES INDIVIDUAIS.

Tamén podedes formar o voso propio grupo co número de persoas que vos escollades; en tal caso o prezo variará dependendo do número de integrantes.

✔ REFORZO EDUCATIVO PRIMARIA:

Grupo de reforzo e mellora do rendemento escolar dirixido ao alumnado de primaria. Non so está orientado a nenos e nenas que non acadan obxectivos académicos, senón tamén para os que queren mellorar o seu traballo e resultados. Deste xeito, partindo das tarefas e contidos escolares axudámolos a:

  • Adquirir hábitos e técnicas de estudo
  • Asentar coñecementos e destrezas nas diferentes áreas
  • Mellorar a súa compresión lectora e actitude cara a lectura
  • Ampliar e/ou mellorar o seu vocabulario, ortografía, cálculo mental... mediante diferentes dinámicas e xogos

✔ REFORZO EDUCATIVO SECUNDARIA:

  • 1º E 2º DE ESO → Grupos de reforzo que ten como obxectivos evitar as lagoas na aprendizaxe e guiar aos alumnos ao longo do curso escolar. Ademais de axudalos e asesoralos nas tarefas que lle son máis difíciles, tamén lle ensinamos a planificar e preparar os exames e traballos con antelación.
  • REFORZO SECUNDARIA→ Grupos de reforzo para alumnos de secundaria nas materias da área científico-tecnolóxica. O obxectivo nestes grupos é o de resolver as dúbidas e reforzar os contidos dados na clase: a través de explicacións e exercicios prácticos, adaptándonos ao temario do colexio/ instituto e á metodoloxía e formas de traballo que realizan, tomando sempre como referencia o propio material escolar.

✔ PREPARACIÓN DE SETEMBRO PARA SECUNDARIA:

Preparamos aos alumnos/alumnas para superar as materias pendentes nos os exames de setembro. Avaliamos cada caso e deseñamos un plan de estudo individualizado que ademais do traballado na clase inclúe o que teñen que estudar e repasar na casa.

  • 1º e 2º de ESO: todas as materias agás Francés
  • 3º e 4º de ESO: área Científico-Tecnolóxica

✔ INGLÉS:

  • Preparación de Setembro para ESO e Bacharelato
  • Preparación cara o novo curso escolar para Primaria, ESO e Bacharelato
  • Cursos intensivos de preparación de exames oficiais.

O que din de nós

ALGUNHAS REFERENCIAS
"A mellora do nivel de Inglés e das notas nesa materia do meu fillo desde o comezo das clases en Academos foi moi notable. Recomendo a todos/as os/as pais/nais que teñan en conta a Academos á hora de buscar clases de apoio para os seus fillos/as". Beatriz López, nai de alumno

Traballa con nós

ENVÍANOS O TEU CV

Se estás interesado/a en taballar con nós podes escribirnos a academos@academos.es ou chamarnos ao 986 715 440.

Contacto

VISÍTANOS OU ESCRÍBENOS UNHAS LIÑAS